Este trámite está creado para a defensa dos intereses dos veciños e veciñas nas relacións co Concello. Pode comunicar accións de mellora ou deficencias no funcionamento dos servizos municipais.
Non se admitiran as queixas que estean pendentes de resolución xudicial, as anónimas e aquelas nas que se advirta abuso de dereito, carencia de fundamento, inexistencia de pretensión, así como aquelas outras cuxa tramitación irrogue prexuízo ó lexítimo dereito de terceira persoa.
Nota:
Este trámite é exclusivamente para Queixas e Suxestións.
As peticións aos departamentos de cuestións determinadas deberán ir dirixidas ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, e faranse de forma presencial ou a través da Carpeta do Cidadán.
O dereito a presentar queixas e suxestións corresponde a todos os cidadáns, podendo ser exercitado por toda persoa física ou xurídica sen limitación algunha.
As queixas e suxestións serán tratadas de forma individual e con un seguimento da súa tramitación. Deberán conter como mínimo o nome e apelidos, o enderezo, o Documento Nacional de Identidade ou o seu equivalente e a exposición do seu obxecto.
Debe encher o formulario. Cando remate se lle dará un código de seguimento co que poderá consultar o estado da tramitación da súa solicitude
Pode presentar a queixas e suxestións no Rexistro Xeral o na oficina de participación cidadá.
Ten a súa disposición o teléfono 010 para queixas e suxestións.
Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta 2ª Teléfonos: 986 810 157 / 986 810 290 Fax: 986 810 263
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).