Escudo Concello de Vigo

Altas de Subministro de Auga. Auga de Obra

Subministración ou abastecemento de auga para obras.

O Pleno do Excelentísimo Concello de Vigo, reunido en sesión extrórdinaria o día 25 de outubro de 1990, adxudicou a Seragua FCC Vigo UTE a concesión para a explotación do Servizo Municipal de Augas de Vigo por un período de vinte e cinco anos. A finais de 2002, Seragua pasou a denominarse Aqualia.

A quen está dirixido

1. As persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, que utilicen ou se beneficien do servizo.

2. Serán responsables solidarios ou subsidiarios as persoas físicas ou xurídicas, consideradas para estes efectos segundo o disposto na Lei 58/2003, Xeral Tributaria.

Como facelo

Por Internet

Pode realizar este trámite online a través da páxina de Aqualia.




Presencialmente

Pagando as taxas correspondentes de formalización de alta e achegando a documentación necesaria ás oficinas de Aqualia.

Documentación requirida

  • Licenza de Obra

Observacións

O pago realizarase se non está domiciliado, en efectivo nas oficinas de Aqualia e se está domiciliado transfírese á súa conta bancaria. Dereitos de alta: 16,76 €.

Deberá pagar una fianza que irá en función do calibre do contador e do uso ao que se destina. Normalmente, instálase un contador de 13 mm cun importe de 502,43 €.

Cando finalice o contrato de obra darase de baixa o contrato de auga de obra e darase de alta o novo contrato co tipo de alta que corresponda. No caso de edificios, o promotor debe entregar a Licenza de Primeira Ocupación e as copias verdes dos Boletíns de todas as tomas, para permitir a contratación telefónica de cada unha das vivendas.

Máis información

Atención o cliente: 900 813 357

Direccións:

Oficina Principal

C/ Cantabria s/n

36206 VIGO

Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres

Oficina no Centro

C/ Venezuela nº 4

36203 VIGO

Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información