Contratación de Acometidas de Auga

Solicítanse conxuntamente as acometidas de Abastecemento e Saneamento.

O Pleno do Excelentísimo Concello de Vigo, reunido en sesión extrórdinaria o día 25 de outubro de 1990, adxudicou a Seragua FCC Vigo UTE a concesión para a explotación do Servizo Municipal de Augas de Vigo por un período de vinte e cinco anos. A finais de 2002, Seragua pasou a denominarse Aqualia.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Pode realizar este trámite online a través da páxina de Aqualia.





Presencialmente

Como primeiro paso, o cliente debe acudir ás oficinas de Aqualia para facer o pagamento da Solicitude de Orzamento (3,49 €) e efectuar a entrega da documentación.

Unha vez efectuada a medición e o resto de trámites, remitirase ao cliente o Orzamento.

Documentación requirida

    • Escritura de Propiedade
    • Licenza Municipal de Obra
    • Plano de situación
  • Se é obra de edificio
    • Plano de distribución
      coa situación dos portais de entrada e situación das acometidas de auga e saneamento. Visado polo Colexio de Arquitectos.

Observacións

Forma de pago do orzamento: 

En efectivo ou cheque, nas nosas oficinas da rúa Cantabria, de 8:30 a 13:30.

Prazos:

Elaboración do orzamento: 10 días aprox.

Execución da acometida: Dende o pago do orzamento e realización por parte do cliente das actuacións requiridas na súa instalación interior: 15 días aprox.

Validez do orzamento:

60 días dende a súa data de notificación.

Máis información

Atención o cliente: 900 813 357

Direccións:

Oficina Principal

C/ Cantabria s/n

36206 VIGO

Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres

Oficina no Centro

C/ Venezuela nº 4

36203 VIGO

Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información