Escudo Concello de Vigo

Solicitude da Sala de Xuntanzas para a Mocidade

Unha sala cunha amplitude suficiente para realizar actividades con carácter multiuso. Equipada con mobiliario básico para formación e outras actividades de reunión a desenvolver por parte de grupos ou colectivos que a soliciten, preferentemente do municipio de Vigo.

A sala pódese solicitar para unha sesión ou varias, pero non de xeito permanente.

A quen está dirixido

Para calquera persoa ou colectivo interesado con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos. Preferentemente do Municipio de Vigo.

Como facelo

Por Internet

Cubrirase o formulario anexo e remitirase a dirección de correo electrónico onde se pretenda realizar a xuntanza, á atención de Sala de Xuntanzas.

Considerarase a solicitude e pedirase máis información para logo, persoalmente, concretar datas e demáis detalles coa/s persoas interesadas.

Presencialmente

Tamén pode facer a solicitude presencialmente nas direccións dos locais abaixo indicadas.

Por teléfono

Enviando o formulario ao fax correspondente.

Por correo

Enviando o formulario onde se pretenda realizar a xuntanza.

Prazos

Daremos una resposta nun máximo de 48 horas dende a recepción da solicitude.

Documentación requirida

  • Documentación Complementaria
    Documentación referente a actividade a realizar.

Observacións

A sala de xuntanzas pode ser solicitada para reunións e actividades que se poidan desenvolver nela, por calquera colectivo da cidade que desempeñe a súa actividade a propósito da xuventude: asociacións xuvenís, colectivos de estudantes, artistas, deportistas e outros compostos por xoves na súa meirande parte.

A sala concederase tendo en conta tamén outros criterios coma pode ser o interese xuvenil da xuntanza ou a relación desta cos programas de xuventude que se estean realizando nese momento.

Quedan excluídas aquelas que organizadamente desempeñen actividades contrarias ao orde público ou á legalidade, e as que teñan como fin o ánimo de lucro.

A Concellería de Xuventude resérvase o dereito de solicitar calquera información ou documentación necesaria para garantir que o desenvolvemento da actividade non sexa contrario aos criterios de concesión desta sala.

Normas de utilización

Prégase o respeto dos horarios de dispoñibilidade que abranguen dende as 8:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h na Casa da Xuventude e de luns a venres de 9:30 a 14:00h e de luns a xoves de 17:00 a 20:00h no Punto Xove.

Débese observar coidado e bo uso tanto da sala coma do material do que consta.

Unha vez rematada a xuntanza o colectivo debe deixar todo tal e como se atopaba ao chegar, co fin de que poida seguir sendo utilizado en vindeiras ocasións polos usuarios.

O uso da sala queda supeditado ás necesidades da Concellería de Xuventude.

Ante o incumplimento das normas considérase responsable á persoa que figura na ficha de solicitude como tal e ao colectivo en xeral e se adoptarán as medidas que se consideren oportunas.

Calqueira suxestión ou información que consideredes importante facilitaríanos a laboura de achegamento ás vosas necesidades.

Oficinas

  • Casa da Xuventude

    López Mora 31
    36211 Vigo
    Correo electrónico: xuventude@vigo.org
    Teléfono: 986 294 806
    Fax: 986 294 934

    Horario: De 9 a 14 horas pola mañá e de 16:30 a 20 horas pola tarde. Sábados de 10:30 a 13:30 horas.

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información