Escudo Concello de Vigo

Certificado de non ter sancións por infraccións graves ou moi graves da lei 50/1999 sobre a tenza de animais potencialmente perigosos

O certificado de non ter sancións por infraccións graves ou moi graves da lei 50/1999 ou sancións accesorias previstas no apartado 3 do artigo 13, forma parte da documentación requerida para obter a licenza administrativa para a tenza de animais potencialmente peligrosos. O organismo competente para a expedición deste certificado é a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

A quen está dirixido

A persoa interesada en obter a licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos.

Como facelo

O pagamento da taxa pódese facer a través da web da Axencia Tributaria de Galicia:

1) Prema en Iniciar taxa (Poderá acceder de forma libre ou con certificado electrónico)

2) Datos necesarios para cumprimentar o formulario:

- Consellería: 15 - Medio ambiente, territorio e vivenda.

- Delegación: 40 - Pontevedra.

- Servizo: 04 - Patrimonio natural

- Taxa: 300401 - Expedición de certificados e diplomas.

Obxecto de pago: Certificado de non ter sancións por infraccións en materia de tenencia de animais potencialmente perigosos.

3. Unha vez cumprimentados todos os campos poderá facer o pagamento via online, ou presencialmente, nunha entidade financieira colaboradora, imprimindo a carta de pago.

4. A solicitude e documentación requirida presentarase vía presencial na Conselleria de medio ambiente, territorio e vivenda da Xunta de Galicia ou vía online a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación requirida

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información