As persoas propietarias de cans considerados como de raza perigosa teñen que inscribilos no concello de residencia do animal, pese a que non sexa coincidente co concello de residencia do propietario do can.
Segundo o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, considéranse cans potencialmente perigosos aqueles que pertenzan a calquera destes grupos:
- Os que tiveran episodios de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.
- Os que foran adestrados para a garda e defensa .
- Os que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio.
- Os que pertenzan ás seguintes razas: Akita Inu / American Bully / American Stadfforshire Terrier / Bullmastif / Bull Terrier / Doberman / Dogo Arxentino / Dogo de Bordeos / Dogo do Tibet / Fila Brasileiro / Mastín Napolitano / Pitbull terrier / Presa Canario / Presa Mallorquín (Ca de Bou) / Rottweiller / Staffordshire Bull Terrier / Tosa Inu.
Antes de tramitar a inscrición do can debe tramitar a licenza para a tenza do mesmo.
As persoas maiores de idade propietarias de cans considerados coma potencialmente perigosos.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Unha vez presente toda a documentación para a tramitación da inscrición, o departamento de Medio Ambiente tramitará o expediente administrativo inscribindo o seu can na Rexistro de Animais Considerados Potencialmente Perigosos, remitíndolle por correo a resolución do Concelleiro delegado da área de Medio Ambiente e, posteriormente, se lle fará entrega do carné de inscrición do can no Rexistro Municipal.
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
A inscrición farase aos 15 días da obtención da correspondente licenza municipal. Co fin de axilizar os trámites, pode presentar a solicitude de licenza e de inscrición do animal ao mesmo tempo.
Sancións:
Segundo o disposto no artigo 19 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia, “en materia de infraccións e sancións rexerá o disposto na lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos e na lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade”.
Entre outras cabe citar que o artigo 13 punto 2 letras b) e c) da lei 50/1999, do 23 de decembro, considera como infraccións graves incumprir a obriga de identificar o animal e omitir a inscrición no Rexistro , tipificadas no punto 5 do devandito artigo con sancións dende 300,51 euros ata 2404,05 euros.
Informar tamén que segundo o estipulado no artigo 20 punto 3 do citado decreto “o órgano competente para sancionar por infraccións graves é o Director Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente”.
Lembre que debe levar o seu can pola rúa ou lugares públicos do seguinte xeito:
- Con bozo axeitado, atado con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a 2 metros.
- Debe levar a licenza municipal e a certificación acreditativa do animal no rexistro de animais potencialmente perigosos.
- Non pode levar máis dun destes cans ao mesmo tempo.
Preguntas frecuentes:
¿Onde se tramita a inscrición do can? No concello de residencia do animal, pese a que non sexa coincidente co concello de residencia do propietario do can. Exemplo: Se vostede vive en Vigo, tramitará a licenza en Vigo, pero se o can o ten nunha casa en Porriño, terá que inscribir ao can no Concello de Porriño.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).