Escudo Concello de Vigo

Solicitude / Autoliquidación da Inscrición dun Can no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos

As persoas propietarias de cans considerados como de raza perigosa teñen que inscribilos no concello de residencia do animal, pese a que non sexa coincidente co concello de residencia do propietario do can.

Segundo o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, considéranse cans potencialmente perigosos aqueles que pertenzan a calquera destes grupos:

- Os que tiveran episodios de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.

- Os que foran adestrados para a garda e defensa .

- Os que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio.

- Os que pertenzan ás seguintes razas: American stadfforshire terrier / Pitbull terrier / Bullmastif / Doberman / Dogo arxentino / Dogo de Bordeos / Dogo do Tibet / Fila Brasileiro / Mastín Napolitano / Presa Canario / Presa Mallorquín (Ca de Bou) / Rottweiller / Staffordshire Bull Terrier / Tosa Inu / Akita Inu.

Antes de tramitar a inscrición do can debe tramitar a licenza para a tenza do mesmo.

A quen está dirixido

As persoas maiores de idade propietarias de cans considerados coma potencialmente perigosos.

Como facelo

Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Unha vez presente toda a documentación para a tramitación da inscrición, o departamento de Medio Ambiente tramitará o expediente administrativo inscribindo o seu can na Rexistro de Animais Considerados Potencialmente Perigosos, remitíndolle por correo a resolución do Concelleiro delegado da área de Medio Ambiente e, posteriormente, se lle fará entrega do carné de inscrición do can no Rexistro Municipal.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Prazos

A inscrición farase aos 15 días da obtención da correspondente licenza municipal. Co fin de axilizar os trámites, pode presentar a solicitude de licenza e de inscrición do animal ao mesmo tempo.

Documentación requirida

  • Documento Acreditativo da Implantación do Microchip e Alta no REGIAC
  • Fotocopia da cartilla de vacinación
    (datos propietario, vacinas, ...)
  • Seguro de responsabilidade civil
    Fotocopia da póliza de seguro de responsabilidade civil onde se especifique, claramente, que o solicitante figura como asegurado na póliza e que cada animal ten unha cobertura mínima de 125.000 euros, detallando o nome do animal, o microchip e a raza. Este seguro deberase manter vixente para a validez da licenza.
  • Recibo de pagamento do seguro en vigor
    Fotocopia do recibo de pagamento do seguro de responsabilidade civil en vigor.
  • Xustificante do pagamento de taxas
    No caso de tramitación presencial, a carta de pago expídese no servizo de información xeral.
  • Fotocopia da licenza municipal
    Se foi expedida noutro concello.

Observacións

Sancións:

Segundo o disposto no artigo 19 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia, “en materia de infraccións e sancións rexerá o disposto na lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos e na lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade”.

Entre outras cabe citar que o artigo 13 punto 2 letras b) e c) da lei 50/1999, do 23 de decembro, considera como infraccións graves incumprir a obriga de identificar o animal e omitir a inscrición no Rexistro , tipificadas no punto 5 do devandito artigo con sancións dende 300,51 euros ata 2404,05 euros.

Informar tamén que segundo o estipulado no artigo 20 punto 3 do citado decreto “o órgano competente para sancionar por infraccións graves é o Director Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente”.

Lembre que debe levar o seu can pola rúa ou lugares públicos do seguinte xeito:

- Con bozo axeitado, atado con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a 2 metros.

- Debe levar a licenza municipal e a certificación acreditativa do animal no rexistro de animais potencialmente perigosos.

- Non pode levar máis dun destes cans ao mesmo tempo.

Preguntas frecuentes:

¿Onde se tramita a inscrición do can? No concello de residencia do animal, pese a que non sexa coincidente co concello de residencia do propietario do can. Exemplo: Se vostede vive en Vigo, tramitará a licenza en Vigo, pero se o can o ten nunha casa en Porriño, terá que inscribir ao can no Concello de Porriño.

Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Oficina de Medio Ambiente

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    2º Andar
    36202 - Vigo
    Teléfonos: 986 810 210 ; 986 810 204

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información