Escudo Concello de Vigo

Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia

Este servizo adícase, exclusivamente, ao coidado da prole das mulleres, con escasos recursos económicos e falta de apoios socio-familiares. Denomínase servizo ós desprazamentos que a coidadora realiza ao domicilio da beneficiaria ou lugar indicado para o coidado dos menores.

A quen está dirixido

Mulleres, con escasos recursos económicos, que pola súa incorporación ao mercado laboral, por ampliación de formación, pola súa participación en actividades socioculturais e deportivas ou noutro plano, en situacións de emerxencia como os casos que tendo algún familiar hospitalizado, a nai e o pai non poden coidar naquelas horas, as súas fillas e fillos.

Como facelo

Por Internet

Mediante cita previa a través do correo electrónico info.muller@vigo.org coa traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller (CMIDM). A solicitude farase cunha antelación mínima de 3 días aínda que se atenderán casos de imprevistos.




Presencialmente

Mediante cita previa coa traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller (CMIDM). A solicitude farase cunha antelación mínima de 3 días aínda que se atenderán casos de imprevistos.

Documentación requirida

    • DNI
    • Libro de Familia
    • Xustificante / Volante de Empadroamento
    • Xustificante de ingresos da unidade familiar
      Última nómina, certificado de prestacións públicas, etc.
    • Comprobante do motivo polo que solicita o servizo
    • Documentación Complementaria
      Outros que poderá solicitar a traballadora social.

Oficinas

  • Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

    C/ Romil 20
    36203 Vigo
    Teléfono: 986 293 963
    Fax: 986 201 153
    Email: info.muller@vigo.org

    Horario: De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
    O xoves ademáis de 17:00 20:00 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información