Escudo Concello de Vigo

Centro de atención para drogodependencias do Concello de Vigo (CEDRO)

“CEDRO” é o centro de atención para drogodependencias do Concello de Vigo.
Desde CEDRO ofrécese información, orientación, diagnóstico e tratamento de drogodependencias.

Abordamos o problema da drogodependencia desde un enfoque multidimensional, mediante unha metodoloxía de atención multidisciplinar coordinada, con personalización do plan terapéutico individual, que combina estratexias médico-psiquiátricas, psicológicas e sociais.

Realizamos unha evaluación diagnóstica integral para determinar as necesidades de intervención específicas en cada usuario e as prioridades á hora de establecer os obxectivos terapéuticos.

Tratamos de ofrecer unha resposta adecuada para cada unha das etapas diferenciadas do proceso terapéutico:

1. Desintoxicación, ou proceso terapéutico dirixido a superar o estado de dependencia física.

2. Deshabituación, ou proceso terapéutico dirixido a superar o estado de dependencia psicológica.

3. Reinserción, ou proceso de rehabilitación da autonomía social.

A quen está dirixido

Calquera persoa interesada.

Como facelo

Presencialmente

Solicitando previa cita. Recoméndase acudir con documento de identidade e tarxeta sanitaria, aínda que esta documentación non é imprescindíbel para ser atendido.

Oficinas

  • CEDRO

    Pintor Colmeiro, nº 9; CP: 36211.
    Teléfono: 986 482750
    Fax: 986 483019

    Horario: Atendemos de luns a vernes, previa cita, en horario de mañá (de 8:30 a 14:00 horas) e tarde (de 15:30 a 20:30 horas)

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información