Escudo Concello de Vigo

Información e Asesoramento sobre Axudas Económicas para Mulleres

A traballadora social informará do procedemento e das condicións para acceder a estas axudas por parte das mulleres vítimas de violencia e as persoas que dependan dela.

A quen está dirixido

Calquera muller que o demande, as mulleres vítimas de violencia de xénero continuan neste servizo e as que non son vítimas son atendidas nos servizos sociais de atención primaria.

Como facelo

Por Internet

Pode solicitar a cita previa a través do correo electrónico ofi.muller@vigo.org coa traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.




Presencialmente

A través de cita previa á traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.

Prazos

Os que marquen as propias convocatorias.

Documentación requirida

  • Xustificante de ingresos económicos
    Fotocopia Compulsada.
  • Se é o caso
    • Denuncia e auto de alonxamento
      Fotocopia Compulsada.
  • Libro de Familia
    Fotocopia Compulsada.
  • DNI
    Fotocopia Compulsada.
    Tarxeta de Residencia no caso de ser estranxeira.
  • Certificado de Empadroamento

Observacións

Desde o CMIDM, só se facilita información e asesoramiento da forma de tramitación, este servizo non outorga os servizos.

Preguntas Frecuentes:

¿Aténdese a todas as mulleres?

Si. As mulleres que non teñen este problema de violencia son derivadas a servizos sociais de zona.

Oficinas

  • Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

    C/ Romil 20
    36203 Vigo
    Teléfono: 986 293 963
    Fax: 986 201 153
    Email: info.muller@vigo.org

    Horario: De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
    O xoves ademáis de 17:00 20:00 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información