Escudo Concello de Vigo

Solicitude de Local de Ensaios Musicais para a Mocidade

Salas acondicionadas para o ensaio de grupos ou solistas de calquera estilo musical. Estes espazos contan con equipo de son e instrumentos básicos para ensaios.

Nestes intres, o Servizo de Xuventude do Concello de Vigo conta con varios locais:

1- En Vigosónico.


A quen está dirixido

Mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. Máis concretamente, grupos e/ou outro tipo de formacións musicais (cantautores, dúos, bandas, etc.) que precisen dun local para realizar os seus ensaios.

Como facelo

Por Internet

Cubrirase o formulario dispoñible nesta páxina e remitirase a dirección de correo electrónico onde se pretenda realizar o ensaio, á atención de Local de Ensaios.

Considerarase a solicitude e pasará a formar parte da lista de espera. Chegado o momento de ter dispoñibilidade de espazo nalgún dos locais, pedirase máis información e concretaranse datas e demais detalles cos interesados/as.

Presencialmente

Tamén pode facer a solicitude presencialmente nas direccións dos locais abaixo indicadas.

Por teléfono

Enviando o formulario ao fax correspondente.

Por correo

Enviando o formulario onde se pretenda realizar o ensaio.

Observacións

Máis información na seguinte páxina da Concellaría de Xuventude.

Oficinas

  • Vigosónico

    Estrada do Portal s/n . Polígono Tecnolóxico de Valadares, 36313 Vigo (ao lado do vial de baixada da Universidade).
    Teléfono: 986 475 403

    Horario: de Martes a Domingo, de 16 a 22 horas.

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información