
Son espazos lúdico-educativos que empregan o xogo e o xoguete para procurar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos.
Nestes espazos ofértanse:
- Unha grande variedade de xoguetes e materiais lúdicos, axeitados ás idades e características dos e das rapaces e rapazas.
- Un proxecto socio-educativo que é a base do noso traballo.
- Un equipo de profesionais do ámbito social, educativo e do lecer.
Servizos que se ofertan:
- Salas para gozar da túa música
- Libros, banda deseñada e prensa
- Xogos e obradoiros sobre o medio natural
- Xogos de mesa
- Xogos simbólicos e dramáticos
- Salas de manualidades e obradoiros
- Creación e construción de xoguetes
- Obradoiros de cociña
- Cine infantil
- Xogos de construción, quebracabezas, maquetas
- Xogos de exterior, xogos con material alternativo, xogos cooperativos, xogos predeportivos, e deportes
Outros servizos:
- Colaboración con diferentes entidades e asociacións.
- Asesoramento ás nais e pais
- Préstamo de xoguetes e libros
- Saídas e excursións
- Visitas culturais
Para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. Importante comprobar a idade según cada ludoteca.
Para formalizala inscrición acudirá coa solicitude cumprimentada e a documentación requerida ás ludotecas desexadas.
Servizos permanentes durante todo o ano.
Espazos de Ocio e Tempo Libre Casa da Xuventude (Idade: De 4 a 12 años)
López Mora 31
Teléfono: 986 294 806
Fax: 986 294 934
Correo electrónico: ludocasaxuventude@hotmail.com
Horario:
De luns a venres, de 16:30 a 20:30 horas. Este horario pasa a ser nas vacacións escolares de 8 a 15 horas.
Espazos de Ocio e Tempo Libre de Coia (Idade: De 4 a 12 anos)
Pavillón de Coia, Avda castelao s/n
Teléfono: 986 242 737
Horario:
De luns a venres, de 16:30 a 20:30 horas. Este horario pasa a ser nas vacacións escolares de 8 a 16 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).