Bonificación do 90% ou 50% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) - Familia numerosa
Terán dereito a unha bonificación do 90% ou 50% da cota íntegra do imposto os suxeitos pasivos –pai, nai ou titor- titulares de familia numerosa, relativa á vivenda que constitúa a residencia habitual da familia.
A quen está dirixido
Pai, nai ou titor titulares de familia numerosa, respecto á vivenda que constitúa a residencia habitual da familia e sempre e cando cumpran a seguintes condicións:
a) Se os importes brutos anuais dos membros da familia numerosa, no exercicio fosen inferiores a 6.223 €, a bonificación será do 90%.
b) Se os ingresos estiveran entre 6.224 € e 7.955 €, a bonificación será do 50%.
Como facelo
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
Cubrindo a solicitude en documento regulamentado e entregalo, xunto coa documentación requirida, nas oficinas do I.B.I.
Prazos
Esta bonificación concederase para cada exercicio, debendo solicitala os suxeitos pasivos antes do 31 de decembro.
Documentación requirida
Oficinas
Acordos e normativa municipal
Trámites relacionados