Estudos de Detalle

Tal e como establece a Lei do Solo de Galicia (art. 79) e o seu regulamento (art. 192), poderán redactarse estudos de detalle en desenvolvemento dos plans xerais, plans parciais e plans especiais, cos obxectivos de: completar ou reaxustar as aliñacións e rasantes; ordenar os volumes edificables; e concretar as condicións estéticas e de composición das edificacións complementarias do planeamento. En todo caso, teranse en conta as limitacións establecidas en ditos artigos.

A quen está dirixido

Como facelo

Por Internet

Mentres non se atope dispoñible a Plataforma urbanística Dixital de Galicia, ou no seu caso, unha plataforma para o planeamento do Concello de Vigo, é aconsellable que a entrega da documentación técnica en formato dixital, que polo seu tamaño o formato de arquivos non se poida entregar por medio do Rexistro Electrónico, se entregue no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo nun soporte físico (cd, dvd, disco duro ...) ou se facilite un enlace web para a sua descarga.




Presencialmente

Debe presentar a solicitude en documento regulamentado, xunto coa documentación requerida, no Rexistro da Xerencia de Urbanismo.

Documentación requirida

    • A documentación técnica será a sinalada na normativa de aplicación e se formalizará como mínimo nunha copia en formato dixital
    • Impreso de solicitude xeral da Xerencia de Urbanismo no caso de presentación presencial.
    • Solicitante: Fotocopia do DNI no caso de persoas físicas. No caso de persoas xurídicas a persoa que asina a petición achegará documentación acreditativa da súa representación como unha fotocopia pública da escritura de constitución da sociedade, poder,etc
    • Acreditación do interese / Escritura/s de propiedade
    • Relación de propietarios afectados
      con direccións a efectos de notificación.
  • Os estudos de detalle conterán os documentos xustificativos dos extremos sobre os que versen e como mínimo (art. 193 RLSG):
    • Memoria xustificativa
    • Planos de información
    • Planos de ordenación
    • Calquera outra documentación que estime oportuno achegar
      que poidan contribuír á xustificación
  • A documentación técnica seguirá os criterios técnicos para a elaboración de documentos de planeamento contidos nas Normas Técnicas de Planeamento de Galicia (NNTTPP):
    • Seguirase a estrutura de carpetas e codificación
    • A entrega da documentación en formato dixital (editable e non editable) se formalizará en dúas carpetas comprimidas
      coas súas correspondentes pegadas dixitais e unha declaración responsable segundo anexo 9.
    • A documentación non editable estará asinada dixitalmente pola/s persoa/s redactora/s

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información