Certificado de Defunción

O certificado de defunción é o documento oficial que acredita o falecemento da persoa.

Existen varias modalidades:

A) Certificados Positivos:

1. Extracto: É un resumo da información relativa ao feito do falecemento que consta no Rexistro Civil. Pode ser de distintos tipos:

Ordinarios: É o expedido en lingua castelá para aquelas comunidades autónomas cuxo único idioma oficial sexa o castelán.

Internacional ou plurilingüe: É o destinado a producir efecto nos países que teñan ratificado o Convenio de Viena do 8 de setembro de 1976. Este certificado expídese no idioma oficial de todos os países asinantes do citado convenio (España, Alemaña, Austria, Bélxica, Bosnia, Croacia, Eslovenia, Francia, Italia, Luxemburgo, Macedonia, Países Baixos, Portugal, Suíza, Turquía, Serbia Montenegro).

Bilingüe: Sempre que se solicite un certificado en extracto nunha Comunidade Autónoma que teña o seu propio idioma oficial, este será emitido en castelán e no idioma oficial da Comunidade Autónoma no que se expida.

2. Literal: É unha copia literal da inscrición de defunción que contén todos os datos relativos á identidade do falecido e ao feito do falecemento.

B) Certificados Negativos: Acreditan que non está inscrito o falecemento dunha persoa nese Rexistro Civil.

A quen está dirixido

Como facelo

Presencialmente

Para máis información sobre os tipos de certificado, o seu contido, quen pode pedilo, como e onde pode visitar a páxina do Ministerio de Xustiza.

Oficinas

  • Rexistro Civil de Vigo Lalín 4,
    36209 Vigo
    Teléfono: 986 817 404

    Horario: De 9:00 a 13:00 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información