Eleccións ao parlamento de Galicia do 18 de febreiro de 2024 (Decreto 150/2023, de 25 de decembro, de disolución do do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións, publicado no DOG núm. 243 do martes, 26 de decembro de 2023).
Con motivo da convocatoria das eleccións autonómicas, que terán lugar o 18 de febreiro de 2024, de conformidade co art. 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, o Concello de Vigo manterá un servizo de consulta das listas electorais vixentes no municipio durante o prazo de oito días. A exposición pública do Censo Electoral terá lugar entre os días 1 ao 8 de xaneiro de 2024, período durante o que calquera persoa poderá achegar a reclamación que estime pertinente en relación aos seus datos censuais.
Mediante este trámite vostede poderá consultar a súa inscrición no censo electoral para exercer o seu dereito ao voto nas próximas eleccións.
Calquera persoa.
Para saber onde ten que votar e comprobar os seus datos pulse no seguinte botón
No caso de que o interesado precise outra información adicional, sobre datos incluídos no ámbito de aplicación da normativa de protección de datos de carácter persoal, a consulta soamente poderá realizarse de forma presencial no Servizo de Estatística, previa identificación do interesado con DNI, pasaporte ou permiso de conducir orixinais.
As reclamacións ao Censo Electoral poderán achegarse directamente nas delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral correspondente ou a través do Concello, que as remitirá á respectiva Delegación.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).