Escudo Concello de Vigo

Servizo Municipal de Axuda no Fogar (SAF Libre concorrencia)

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é unha prestación básica dos Servizos Sociais Comunitarios que presta un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.

A prestación deste servizo ten carácter de reforzo e non substitúe ás propias capacidades da persoa usuaria e doutras persoas do seu contorno inmediato nin exime en ningún caso á familia das súas responsabilidades.

Obxectivos:

a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.

c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.

d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.

e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.

f) Retardar ou evitar a institucionalización.

g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

Prestacións que se ofrecen desde o servizo de axuda no fogar:

a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria (coidados persoais, alimentación, etc.).

b) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda.

c) Acompañamentos fóra do domicilio (citas e xestións).

A quen está dirixido

Poderán ser beneficiarios do S.A.F. as seguintes persoas:

a) Familias ou persoas que presenten disfuncións susceptibles de mellora cunha atención no fogar.

b) Persoas maiores, con certo nivel de dependencia, que non teñan a ninguén que os atendan suficientemente e que con esta axuda, poidan continuar vivindo no seu fogar.

c) Persoas con discapacidade ás que a axuda no fogar lles poida favorecer na súa autonomía.

Requisitos para o acceso:

a) Estar empadroados no Concello de Vigo.

b) Contar, o solicitante, cun domicilio que reúna as mínimas condicións de habitabilidade, valorándose o estado e equipamento da vivenda, os recursos dispoñibles no seu entorno e o acceso aos mesmos.

c) Abonar, ao Concello, a cota establecida na Ordenanza Fiscal Reguladora nº 21, na forma indicada na mesma.

d) Ter solicitado na Xunta de Galicia o recoñecemento da situación de dependencia.

Como facelo

Presencialmente

As persoas solicitantes das axudas presentarán as súas solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).

Documentación requirida

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información