Escudo Concello de Vigo

Solicitude / Autoliquidación de Ocupación Vía Pública: Carga e Descarga por Obras e Mercadorías de calquera Clase

Mediante este trámite autorízase o aparcamento en exclusivedade de vehículos para carga e descarga, por obras e mercancías de calquera clase.

A quen está dirixido

As persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local para o caso mencionado.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Prazos


A licenza concederase 5 días despois de presentar a solicitude e documentación requirida. O día de presentación da solicitude non conta aos efectos de cómputo de prazo.

Documentación requirida

    • Impreso de Solicitude/Autoliquidación para Carga e Descarga por Obras e Mercancías de calquera clase
    • Seguro de responsabilidade civil
    • Ficha Técnica do Vehículo
    • Fotocopia do permiso de circulación
    • Orixe e ruta preferente para acceder ao destino

Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Seguridade e Mobilidade

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 1
    Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

  • Administración de Tributos

    Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo
    Teléfono: 010
    Teléfono: 986 810 0100

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información