Mediante este trámite autorízase o aparcamento en exclusivedade de vehículos para carga e descarga, por obras e mercancías de calquera clase.
As persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local para o caso mencionado.
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
A licenza concederase 5 días despois de presentar a solicitude e documentación requirida. O día de presentación da solicitude non conta aos efectos de cómputo de prazo.
- Os solicitantes, deberán formular, xunto coa solicitude, autoliquidación de taxas por todo o tempo solicitado. Se o tempo solicitado non resultare suficiente, deberán formular, con anterioridade o seu vencemento, solicitude de continuación co aproveitamento e autoliquidación complementaria.
No caso de que a anterior autoliquidación complementaria fose extemporánea será obxecto dos recargos regulados na Ordenanza Fiscal Xeral.
- En todo caso a efectos das competencias de inspección e control sobre o estado da vía pública por parte dos Servizos de Infraestructuras e Obras e Circulación Viaria, os solicitantes estarán obrigados a formular a baixa do aproveitamento.
De non terse formulado esta baixa, a Administración Tributaria do Concello poderá requirir o pagamento das taxas devengadas xunto cos recargos e sancións tributarias procedentes. Igualmente, a Alcaldía poderá impoñer a correspodente sanción por infracción de norma regulamentaria.
- No caso de que o aproveitamento estea situado na confluencia de varias rúas, aplicarase a tarifa correspondente á rúa de categoría superior.
- Na construcción de edificacións de nova planta así como en calquera obra de reforma total ou parcial, demolición, escavación ou canalización que requiran licenza urbanística municipal, as operacións de carga e descarga deberanse realizar no interior da obra.
Cando non sexa posible dispoñer deste espazo, as zonas de reserva de estacionamento por obra na vía pública concederanse previa solicitude e autoliquidación da correspondente taxa, acompañada da preceptiva copia compulsada da licenza municipal urbanística así como do informe técnico que acredite a imposibilidade de reservar espazo dentro do recinto da obra. Á vista da documentación aportada polo solicitante, resolverase sobre a procedencia da súa concesión e sobre os condicionantes da mesma no seu caso.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).