Inscrición no Programa Municipal de Voluntariado

O voluntariado é unha forma de participación da sociedade na atención de necesidades na cal conflúen a liberdade de actuación, a solidariedade e o altruismo.

Enténdese por voluntariado o conxunto de actividades desenvolvidas en áreas de interese xeral sempre que se realicen:

- De xeito altruísta, desinteresada e solidaria.

- Con carácter voluntario e libre, sen que teñan por causa unha obrigación persoal ou deber xurídico.

- Sen contraprestación económica.

- Por medio de entidades públicas ou privadas estables e democráticas sen ánimo de lucro e de acordo con concretos programas ou proxectos de interese xeral.

Quedan excluídas do concepto de voluntariado as actividades:

- Desenvolvidas como consecuencia dunha relación laboral, mercantil ou funcionarial de calquera tipo.

- Illadas, esporádicas ou realizadas por razóns de benevolencia, amizade ou boa veciñanza.

A quen está dirixido

Ser maior de idade . Os maiores de 16 anos poderán acceder co consentimento dos pais ou titores legais.

Como facelo

Presencialmente

Os impresos deberán cubrirse persoalmente na Oficina do Voluntariado do Concello de Vigo . Estes impresos son:

1. Acordo de colaboración ou compromiso de incorporación a programas de voluntariado da OMV.

2. Seguro que cobra os riscos de accidentes derivados do exercicio da actividade voluntaria e nos desprazamentos in intinere para o desempeño de devandita actividade.

3.Cuestionario para a elaboración do perfil da persoa voluntaria (datos persoais, áreas de actuación nas que lle gustaría colaborar, formación, experiencia en voluntariado, disponibilidade, etc.)

Documentación requirida

    • Fotocopia do DNI

Observacións

A persoa voluntaria ten os seguintes dereitos:

a. Recibir a orientación, formación e apoio necesarios para o exercicio da súa actividade.

b. Ser tratado/a sen discriminación, respectando a súa liberdade, dignidade, intimidade e crenzas.

c. Participar activamente na entidade, de acordo cos seus estatutos e normas de actuación.

d. Estar asegurado/a polos riscos que poidan derivar do exercizo da actividade voluntaria.

e. Ser reembolsado/a dos gastos que realice no desenvolvemento das súas actividades.

f. Dispor dunha acreditación que lle identifique como voluntario/a.

g. Realizar a súa actividade nas debidas condicións de seguridade e hixiene.

h. Recibir certificación da súa particiación nos progaramas e proxectos de voluntariado, que poderán, se é o caso servir como recoñecemento do seu valor social ou ser obxecto de valoración no seu currículo.

i. Cesar libremente na súa condición de persoas voluntarias.

A persoa voluntaria ten as seguintes obrigas:

a. Cumprir os compromisos adquiridos coa entidade, repectando os seus fins e normativa.

b. Gardar confidencialidade da información recibida e coñecida no desenvolvemento da súa actividade voluntaria.

c. Rexeitar calquera prestación material que puidera recibir, ben do/a beneficiario/a, ben doutras persoas relacionadas coa súa acción.

d. Respectar os dereitos dos/as beneficiarios/as da súa actividade voluntaria. Actuar de forma dilixente e solidaria.

e. Participar nas tarefas formativas previstas pola entidade, tanto específicas da actividade voluntaria, como xerais do voluntariado.

f. Seguir as instrucións axeitadas aos fins da acción, impartidas no desenvolvemento das actividades enconmendadas.

g. Utilizar debidamente a acreditación e distintivos da entidade.

h. Respectar e coidar os recursos materiais que poña á súa disposición a entidade.

Para máis información consulte a páxina web do Voluntariado Municipal.

Oficinas

  • Oficina Municipal do Voluntariado Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 213
    Email: ofi.voluntariado@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información