Escudo Concello de Vigo

Solicitude / Modificación Tarxeta PassVigo Pensionistas Tipo II

Según as cuantías da pensión que vostede perciba pode acceder a unha tarxetas pensionista tipo I ou pensionista tipo II.

Ademáis con calquera destas tarxetas vostede benefíciase dunha tarifa reducida, posto que está subvencionada polo Concello, e do transbordo entre liñas.

A quen está dirixido

As persoas pensionistas empadroadas no Concello de Vigo, sempre que as súas percepcións máximas anuais, non superen o salario mínimo interprofesional do ano en curso.

Como facelo

Pode consultar toda a información necesaria para solicitar a tarxeta na seguinte páxina.

Por Internet

Tamén pode solicitar a alta de tarxeta ou renovación via online.




Presencialmente

Presentando a solicitude e documentación requirida, de luns a venres (non festivos), nas oficinas de VITRASA:

- De 8 a 14 na Carretera de Camposancos, 36.

- De 8 a 14 no Concello de Vigo (Oficina de Tarxetas de Transporte Público).

Prazos

Renovación anual.

Documentación requirida

  • Copia DNI / NIF / NIE (2 caras) ou Pasaporte español ou Documento estranxeiro
  • 1 Fotografía tamaño carné
  • Xustificante / Volante de Empadroamento
  • Certificación das pensións
    Actualizado na que figure o importe bruto que percibe.
  • En caso de solicitude dun menor:
    • Copia DNI / NIF / NIE (2 caras) ou Pasaporte español ou Documento estranxeiro
      Do representante legal.
    • Fotocopia do libro de familia
      Ou documento equivalente que acredite a filiación.
  • No caso de facer a solicitude presencialmente ou por correo:
    • Impreso de solicitude tarxeta PassVigo

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información