Escudo Concello de Vigo

Servizo para Persoas de Movilidade Reducida (Vitrasa)

Mediante este trámite vostede solicitará o autobús para persoas de mobilidade reducida.

A quen está dirixido

Poden acceder a este servizo aquelas persoas que presenten unha minusvalía igual ou superior ao 33% tendo preferencia aquelas que viaxan en cadeiras de rodas.

Como facelo

Por teléfono

Para a súa solicitude deben aportar o primeiro día do servizo, o certificado do organismo oficial acreditando a minusvalía.

A petición do servizo debe realizarse cun mínimo de 24 horas (e máximo de 7 días) de antelación, chamando ao teléfono 986 207 474, en horario de 9 a 14 horas. A petición do servizo dos sábados realizarase o día laboral inmediatamente anterior, en horario de 9 a 14 horas, indicando o punto de recollida e regreso, se o houbera, sendo estes nun lugar próximo a unha parada ou itinerario de transporte urbano.

Documentación requirida

  • Certificación oficial da porcentaxe de minusvalía

Observacións

O horario do servizo é de 8 a 14 horas e de 16 a 20 horas, de luns a sábados.

Máis información

Trámites relacionados

Servizos da Sede Electrónica

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información