Solicitude / Autoliquidación de Ocupación de Vía Pública para Postos, Barracas, Casetas de Venda, Atraccións de Recreo etc.

Instalación de postos, barracas, buzóns postais, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de dominio público local, así como industrias na rúa e ambulantes, sempre que se trate de supostos non incluídos na ordenanza Reguladora de Venda na Vía Pública e Espazos Abertos.

A quen está dirixido

Interesados e entidades organizadoras do evento.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

En caso de denegarse as autorizacións, procederá a devolución dos importes ingresados.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

    • Plano de situación
      delimitando a área ocupada, así como a dos diferentes compoñentes en caso de non formar un conxunto.
    • Póliza de responsabilidade civil (Fotocopia)
    • Solicitude/Autoliquidación de ocupación da vía pública para festas e outros eventos

Observacións

- En caso de denegarse as autorizacións, procederá a devolución dos importes ingresados.

- Cando a ocupación da vía pública afecte a prazas de aparcamento regulado na Ordenanza reguladora do servizo de aparcamento de vehículos na vía pública mediante parquímetros expendedores de billetes na cidade de Vigo, sumaranse as cantidades establecidas no artigo 4.7 da Ordenanza 30.

- En determinados casos, os titulares das licenzas deberán depositar antes de retirar a mesma, fianza para responder dos posibles danos que poidan ocasionarse na vía pública, dos posibles gastos de reconstrucción ou reparación de vía pública, na contía que determine o departamento correspondente, segundo corresponda.

- Máis información no Departamento de Seguridade, Circulación e Transportes do Concello e nos teléfonos 986 810 291 - 986 810 121.

Oficinas

  • Rexistro Xeral Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Seguridade e Mobilidade Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 1
    Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información