Darse de baixa na taxa de prestación do servizo de recepción obrigatoria de recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal de Vigo, o seu transporte aos centros de eliminación e posterior tratamento.
Os contribuintes interesados.
Causarán baixa no Padrón da Taxa de Lixo Industrial, Comercial e Profesional aqueles contribuintes que formulen a correspondente declaración de baixa, a través da Carpeta do Cidadán e/ou no Imposto de Actividades Económicas.
Causarán baixa no Padrón da Taxa de Lixo Industrial, Comercial e Profesional aqueles contribuintes que formulen a correspondente declaración de baixa, en documento regulamentario, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo e/ou no Imposto de Actividades Económicas.
- Os titulares de actividades deberán formular declaración de baixa no Rexistro Xeral do Concello e/ou no Imposto de Actividades Económicas cando cesen naquelas. O incumprimento desta obriga será sancionable segundo o disposto no artigo 198 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.
- No caso de cesamento definitivo da actividade deberá darse de baixa no I.A.E.
Administración de Tributos - Departamento de I.A.E.-E.U.I.
Planta Baixa
Praza do Rei 1, 36202 Vigo.
Teléfono: 986 810 313
E-mail: ofi.iae@vigo.org
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).