Pago do diferencial entre a cuota provisional e definitiva do imposto que grava a realización en todo o termo municipal de calquera construción, obra ou instalación para a que se esixa licenza urbanística.
As persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos das construcións, instalacións ou obras, sexan ou non propietarios dos inmobles sobre os que se realicen aquelas.
A estes efectos, terá a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou custes que supoña a súa realización.
No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suposto pasivo contribuínte, terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do mesmo os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras.
O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da obriga tributaria satisfeita.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Unha vez finalizadas as obras, no caso de que o custo real e efectivo das mesmas sexa superior ou inferior ao que serviu de base impoñible na autoliquidación provisional, os suxeitos presentarán no prazo dun mes, contando a partir do día seguinte a dita finalización, autoliquidación complementaria do tributo, positiva ou negativa, segundo proceda.
As autoliquidacións practicaranse en impreso que facilitará a Administración Municipal, debendo acompañarse fotocopia do DNI ou CIF do suxeito pasivo, así como certificado e presuposto final de obra visado polo Colexio Oficial correspondente, cando se esixiran direccións facultativas, e calquera outro documento que se considere oportuno.
Un mes, a partir do día seguinte á finalización da obra.
- No caso de que non puidese presentarse o Certificado e Presuposto final de obra no prazo sinalado, poderá solicitarse unha prórroga de un mes, contado a partir do día seguinte á finalización do prazo anterior, para a presentación da citada documentación.
- A vista da documentación aportada e das construcións, instalacións ou obras, efectivamente realizadas e do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda, sen prexuízo das sancións que procedan, de acordo co disposto no artigo 6 da Ordenanza reguladora do imposto (Ordenanza Nº5).
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 320
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).