Certificación de carencia de medios en orde á solicitude de Xustiza Gratuita. Neste documento, emitido polos Servizos Tributarios do Concello de Vigo, constará información sobre os Impostos deste Concello, como son (Vehículos, EUI ...) excepto o Imposto de Bens Inmobles (que estaría incluido no Certificado Catastral tamén facilitado por este Departamento).
Este certificado é de carácter gratuito.
Calquera persoa.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Presentarase a solicitude por escrito no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
A continuación presentarán a copia da solicitude no Departamento de Base de Datos para proceder a realización de dito certificado que entregarase no mesmo momento ao interesado co Documento Nacional de Identidade, ou a un Representante coa correspondente autorización debidamente firmada e os DNI de ambos.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).