Trámite para realizar notificacións ou cambios na información recollida no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
Persoas con animais rexistrados no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
Cubrir o impreso de solicitude e envialo, xunto coa documentación requerida, se é o caso, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, a través da Carpeta do Cidadán.
Esta opción non é válida no caso de notificación de Baixa por Morte ou Sacrificio, xa que é imprescindible o certificado orixinal do veterinario ou autoridade competente.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Cubrir o impreso de solicitude e entregalo, xunto coa documentación requerida, se é o caso, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).