Modificación de Datos no REGIAC

Trámite necesario para modificar ou actualizar os datos que constan no REGIAC (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía).

O propietario dun animal potencialmente perigoso deberá comunicar, calquera variación dos datos do rexistro, no prazo de 15 días desde que se producise a modificación que proceda rexistrar, excepto nos incidentes de agresión, nos que a comunicación será inmediata.

A quen está dirixido

Donos de animais de compañía e potencialmente perigosos, e veterinarios que presten asistencia sanitaria a estes animais.

Como facelo

Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

A modificación de datos deberá facerse a través do veterinario actuante que cubrirá un impreso oficial de identificación, por triplicado, achegado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente (tamén dispoñible nesta páxina). O propietario do animal identificado deberá recibir do veterinario actuante un exemplar do impreso oficial. O veterinario actuante conservará no seu poder outro exemplar do impreso. O terceiro exemplar deberá ser remitido polo veterinario ao Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos.

Documentación requirida

Observacións

A modificación de datos debe ser realizada por veterinarios actuantes do REGIAC, autorizados pola Consellería de Medio Ambiente (para obter información sobre veterinarios actuantes pode poñerse en contacto co teléfono de información do REGIAC: 988 60 30 75 ).

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información