Escudo Concello de Vigo

Bonificación do 30% na cota do Imposto de Actividades Económicas (IAE)

Aqueles que inicien o exercicio de calquera actividade empresarial a partir do 1 de xaneiro do ano 2003, e tributen por cota municipal, gozarán trala exención regulada no artigo 5.1.b) da Ordenanza reguladora deste imposto (exención durante os dous primeiros períodos impositivos da actividade a partir do 1 de xaneiro de 2003) , durante os cinco exercicios seguintes dunha bonificación na cota do 30%.

Esta beneficio non será de aplicación no caso de que fose procedente a bonificación regulada no apartado 1) do artigo 5 da Ordenanza.

A quen está dirixido

1. Para poder gozar desta bonificación requírese que a actividade económica non fora exercida anteriormente baixo outra titularidade, nin baixo a mesma. Entenderase exercida anteriormente baixo outra titularidade, entre outros, nos seguintes supostos:

a) Fusión, absorción ou aportación de ramas de actividade.

b) Transformación de Sociedades.

c) Que o titular que se da de alta sucedera na explotación da actividade a un familiar vinculado a el por liña directa ou colateral ata o segundo grado en consanguinidade ou afinidade.

d) Cando o titular que se da de alta fose unha Comunidade de Bens ou Sociedade, na que os comuneiros ou socios exerceran anteriormente unha actividade empresarial das comprendidas na Sección 1ª das Tarifas do Imposto.

2. Aos efectos do outorgamento desta bonificación, entenderase que o suxeito pasivo non inicia a actividade nos seguintes supostos, entre outros:

a) Cando a alta sexa consecuencia dun cambio dun epígrafe a outro dentro das actividades clasificadas na Sección lª das Tarifas, sexa este cambio voluntario, por imperativo legal ou para emendar unha cualificación anteriormente errónea.

b) Cando a alta signifique unha ampliación de actividade empresarial por estar xa de alta en algún epígrafe da Sección 1ª das Tarifas.

c) Cando a alta sexa consecuencia da apertura dun novo local afecto a unha actividade que xa está exercendo.

Como facelo

Por Internet

Os suxeitos pasivos que consideren ter dereito á bonificación por inicio de actividade e cumpran tódolos requisitos anteriores enviarán solicitude de bonificación ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo achegando a documentación requirida, a través da carpeta do cidadán.




Presencialmente

Os suxeitos pasivos que consideren ter dereito á bonificación por inicio de actividade e cumpran tódolos requisitos anteriores deberán presentar solicitude expresa de bonificación no Rexistro Xeral do Concello de Vigo achegando a documentación requerida.

Documentación requirida

    • Declaración Xurada
      de non ter exercido actividade empresarial con anterioridade nin suceder na actividade a familiar vinculado a el por liña directa ou colateral ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.
    • Impreso de solicitude bonificación do 30% do IAE
  • No caso de Sociedades e Comunidades de Bens
    • Escritura de constitución

Oficinas

  • Oficina I.A.E.-E.U.I.

    Administración de Tributos - Departamento de I.A.E.-E.U.I.
    Planta Baixa
    Praza do Rei 1, 36202 Vigo.
    Teléfono: 986 810 313
    E-mail: ofi.iae@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información