Adopción de Animais de Compañía

O Concello de Vigo presenta o programa de adopción ADÓPTAME en Vigo dentro do cal temos unha relación de cans e gatos para a súa adopción.

A quen está dirixido

Calquera persoa.

Como facelo

Por Internet

Na sección de Medio Ambiente da páxina web do Concello de Vigo pode consultar os gatos e cans que buscan familia.

Para solicitar unha visita prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Debe entregar o impreso de solicitude de adopción nas oficinas da Protectora de Animais e Plantas de Vigo.

Debe chamar por teléfono para solicitar cita previa.

Por teléfono

Para solicitar a adopción de animais deberá porse en contacto coa Asociación Protectora de Animais e Prantas de Vigo nos teléfonos: 986452265 / 608986198.

O horario é de 9:00 a 13:00 horas tódolos días laborais incluídos os sábados.

Documentación requirida

Oficinas

  • Oficina de Medio Ambiente Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    2º Andar
    36202 - Vigo
    Teléfonos: 986 810 210 ; 986 810 204

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

  • Asociación Protectora de Animais e Plantas de Vigo Refuxio de "La Madroa" Vigo
    Teléfono: 986452265 / 608986198
    Urxencias: 619 612 191
    Email: vigomascotas@gmail.com

    Horario: Todos os días laborais e sábados de 9:00 a 13:00 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información