
Este trámite permite domiciliar na conta bancaria o pagamento da Taxa pola Recollida de Lixo en Vivendas.
A domiciliación bancaria supón o cargo, o último día do período voluntario, na conta indicada polo contribuinte, do importe do recibo emitido anualmente.
Aqueles obrigados ao pago dun tributo de cobro periódico por recibo.
Dende a Carpeta do Cidadán ten acceso a tódolos seus recibos e pode facer a domiciliación de forma sinxela indicando o número de conta e titular onde quere facer a domiciliación.
Debe facer a domiciliación antes da data fixada polo servizo de recaudación para cada tributo para que a domiciliación sexa efectiva nese ano; se non quedará operativo no seguinte ano e sucesivos. Pode ver as datas dos períodos de pagamento e domiciliación no Calendario do Contribuinte.
As domiciliacións terán validez por tempo indefinido, en tanto non sexan anuladas polo interesado, rexeitadas pola Entidade de depósito ou a Administración dispoña expresamente a súa invalidez por razóns xustificadas (modificación do titular do recibo,...).
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Pranta Baixa 36202 - Vigo
Teléfono: 986 810 133
Email: ofi.voluntaria@vigo.org
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).