Escudo Concello de Vigo

Modificación dos Datos Bancarios para a Domiciliación dos Tributos Municipais de Cobro Periódico

Este trámite permite modificar a conta bancaria para o pagamento dos recibos dos tributos municipais de cobro periódico.

Os pasos a seguir son os mesmos que para dar de alta a domiciliación.

A quen está dirixido

Aqueles obrigados ao pago dun tributo de cobro periódico por recibo.

Como facelo

Por Internet


Dende a Carpeta do Cidadán ten acceso a tódolos seus recibos e pode facer a modificación da domiciliación de forma sinxela indicando o número de conta e titular onde quere facer a domiciliación.



Debe facer a domiciliación antes da data fixada polo servizo de recaudación para cada tributo para que a domiciliación sexa efectiva nese ano; se non quedará operativo no seguinte ano e sucesivos. Pode ver as datas dos períodos de pagamento e domiciliación no Calendario do Contribuinte.







Presencialmente

Cubrindo o impreso de orden de domiciliacións de pago e entregándoo, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Cando a conta designada para o cargo dos recibos non sexa de titularidade do obrigado ao pago, o titular da conta debe autorizar expresamente a domiciliación.

Este impreso deberá presentarse polo menos dous meses antes do inicio do período voluntario de pago. Con posterioridade a este prazo a domiciliación terá efectos para o ano seguinte e sucesivos. Pode ver as datas dos períodos de pagamento e de domiciliación no Calendario do Contribuinte.

Documentación requirida

  • Fotocopia da conta no que figure como titular
    Só no caso de facer o trámite presencialmente.

Observacións

As domiciliacións terán validez por tempo indefinido, en tanto non sexan anuladas polo interesado, rexeitadas pola Entidade de depósito ou a Administración dispoña expresamente a súa invalidez por razóns xustificadas.

Oficinas

  • Tesourería - Recadación

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 100 (ext. 1283)

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Servizos da Sede Electrónica

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información