Mediante este trámite vostede pode solicitar a devolución de ingresos indebidos como consecuencia de pagar un recibo, liquidación ou autoliquidación dous ou máis veces, polo feito de efectuar un pago por un importe superior ao consignado no documento de cobro, por realizar o pago de débedas prescritas ou cando así o estableza a normativa reguladora do tributo.
Teñen dereito a solicitar a devolución de ingresos indebidos os obrigados tributarios e os suxeitos infractores que realizasen ingresos indebidos no Concello de Vigo con ocasión do cumprimento das súas obrigacións tributarias ou do pago de sancións, así como os sucesores duns e outros.
Presentado o impreso de devolución de ingresos indebidos no Rexistro Xeneral do Concello de Vigo, xunto coa documentación que acredite o ingreso indebido.
Non esqueza cumprimentar os datos do IBAN (conta bancaria) no que desexe que se lle realice a devolución solicitada.
Concello de Vigo Planta baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo
Teléfonos: 986 810 133; 986 810 126; 986 810 275
E-mail: ofi.voluntaria@vigo.org
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Concello de Vigo Praza do Rei 1
Pranta Baixa 36202 Vigo.
Teléfono: 986 810 258 (ext. 1142 - 1144)
Horario: De 9 a 13:30 horas e de 16 a 18 horas de luns a venres (excepto do 15 de xuño ao 31 de agosto que será de 9 a 13:30 horas).
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 258
Horario: Horario: De 9:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas de luns a venres (excepto do 15 de xuño ao 31 de agosto que será de 9:00 a 13:30 horas).
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).