Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia

O Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia é un rexistro público que ten como finalidade facilitar a xestión e o control na adxudicación de vivendas de protección privada ou de promoción autonómica, garantindo a publicidade, concorrencia e transparencia de ditos procesos.

A quen está dirixido

Poden inscribirse as persoas ou unidades familiares ou convivenciais que estean interesadas en acceder a vivendas protexidas, en primeira ou sucesivas transmisións que residan ou traballen en Galicia cuxa capacidade económica non exceda os límites establecidos para cada tipo de vivenda, sempre e cando non sexan propietarias doutra vivenda ou esta sexa inadecuada ou insuficiente para as súas necesidades.

Só se admitirá unha solicitude por unidades familiar ou de convivencia, independentemente de que estea composta por unha ou varias persoas.

Como facelo

Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

A solicitude de inscrición formalízase presentando o modelo oficial debidamente cuberto xunto coa documentación esixida pola normativa reguladora para cada tipo de vivenda, indicándose o ámbito ou ámbitos xeográficos de demanda en que se desexe optar á adxudicación de vivenda protexida, o tipo de vivenda a que se opta e o réxime de adxudicación da vivenda.

Dita solicitude presentarase no rexistro xeral da Xunta de Galicia (Delegación Territorial de Vigo, rúa Montero Ríos - praza da Estrela) ou do Concello de Vigo (Praza do Rei, 1), como tamén nos rexistros doutras administracións públicas, nas oficinas de Correos, e nas representacións diplomáticas e oficinas consulares do estranxeiro.

Documentación requirida

Observacións

Se a persoa solicitante reúne os requisitos para ser beneficiaria de máis tipos de vivenda, poderá solicitar e, de ser o caso, poderán practicarse inscricións complementarias que terán a consideración de anotacións.

A inscrición no rexistro terá unha vixencia de tres anos dende a resolución administrativa de inscrición, debendo os demandantes solicitar a renovación da inscrición no período de tres meses anteriores á dita data de finalización. De non facelo, esta caducará.

Os/as solicitantes deberán comunicar ao rexistro calquera modificación dos datos achegando en tempo e forma a documentación que resulte preceptiva. De non facelo, producirase a cancelación dos datos no rexistro.

Obriga das persoas adxudicatarias: A vivenda deberá destinarse a residencia habitual e permanente do seu propietario.

Causas de baixa no rexistro único de demandantes de vivenda protexida:

1. Non adecuar a inscrición, no prazo máximo de quince días, nos casos de modificación sobrevida das circunstancias persoais que provoquen unha imposibilidade real de acceder á vivenda ou a inadecuación da vivenda ás novas circunstancias da unidade familiar ou de convivencia e cando quede debidamente acreditada a imposibilidade de conseguir o financiamento das entidades de crédito para o pagamento da vivenda.

2. Ter renunciado á vivenda solicitada, salvo que a renuncia se debese a:

- Modificación sobrevida das circunstancias persoais que provoquen unha imposibilidade real de acceder á vivenda ou a inadecuación da vivenda ás novas circunstancias da unidade familiar ou de convivencia.

- Cando quede debidamente acreditada a imposibilidade de conseguir o financiamento das entidades de crédito para o pagamento da vivenda.

- A superficie insuficiente da vivenda ou resultase inadecuada por causa de mobilidade segundo o artigo 47 da Lei 18/2008.

3. A falta de formalización do contrato ou da escritura pública de compravenda da vivenda adxudicada por causa imputable ao/á demandante.

4. Non acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos para acceder á vivenda no momento en que se teña que formalizar a adxudicación.

5. Estar incursos en causas de prohibición para ser adxudicatarios/as de vivendas de protección autonómica e de protección oficial de promoción pública.

6. Incorrer en falsidade ou ocultación nos datos que se achegan ao rexistro.

7. Acceder a unha vivenda en propiedade salvo que a vivenda resulte inadecuada o insuficiente para as necesidades da unidade familiar o de convivencia nos términos establecidos no artigo 47 da Lei 18/2008 ou cando esté suxeita a expediente de expropiación forzosa o desafiuzamento xudicial ou administrativo non imputable a elas e as que ocupen aloxamentos provisionais como consecuencia de operacións de emerxencia o remodelación que impliquen a perda da súa vivenda o calquera outra situación excepcional declarada por os servizos sociais do concello competente o por a consellería competente en materia de vivenda.

8. Petición da persoa interesada.

9. Falta de renovación da solicitude ao finalizar o prazo de vixencia.

10. Desaloxamento forzoso dunha vivenda de protección oficial de promoción pública por causa imputable ao/á interesado/a.

A decisión sobre a inscrición realizarase por resolución do/a xefe/a da Área Provincial do IGVS nun prazo de tres meses desde a data de presentación e será notificada ao/á representante da unidade familiar ou de convivencia.

Oficinas

  • Rexistro Xeral Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Delegación Xunta de Galicia en Vigo Edificios Administrativos
    Praza da Estrela, 9.
    36201 Vigo (Pontevedra)

Lexislación relacionada

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información