Estarán exentos os bens que se destinen ao ensino por centros docentes acollidos, total ou parciamente, ao réxime de concerto educativo, en canto á superficie afectada ao ensino concertado.
Centros docentes acollidos, total ou parciamente, ao réxime de concerto educativo.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Presentando a solicitude e a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello.
Os concertos educativos teñen por obxecto garantir a impartición da educación básica obrigatoria e gratuíta en centros privados, mediante a asignación de fondos públicos destinados a este fin pola Administración.
Os centros privados que, en orde á prestación do servizo de interese público da educación e á liberdade de elección de centro, impartan os ensinos declarados gratuítos na Lei Orgánica de Educación, poderán acollerse ao réxime de concertos sempre que así o soliciten e reúnan os requisitos previstos nas leis educativas. Para ese efecto, os citados centros deberán formalizar coa Administración educativa que proceda o pertinente concerto.
O concerto educativo obriga ao titular do centro privado a impartir gratuitamente os ensinos do concerto e á Administración a destinar fondos públicos para o sostemento dos centros. De acordo con Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, os ensinos declarados gratuítos están referidos ao segundo ciclo da Educación Infantil e ao ensino básico que comprende a Educación Primaria e a Educación Secundaria Obrigatoria.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).