Terán dereito a unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto, durante os tres períodos impositivos seguintes ao do outorgamento da calificación definitiva, as vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a estas conforme á normativa da Comunidade Autónoma. Dita bonificación concederase a petición do interesado e poderá efectuarse en calquera momento anterior á terminación dos tres períodos impositivos de duración da mesma e surtirá efectos, no seu caso, dende o período impositivo seguinte aquel en que se solicite.
Unha vez esgotada a bonificación do 50%, estas vivendas gozarán durante tres exercicios máis dunha bonificación do 25% da cota íntegra.
Titulares de vivendas de protección oficial.
Presentando a solicitude e a documentación requerida no Rexistro Xeral do Concello.
Concello de Vigo Administración de Tributos - Departamento de I.B.I. Planta Baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo Teléfono: 986 810 116 / 986 810 100 Extensión 1347
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).