Taxas pola Prestación de Servizos de Prevención e Extinción de Incendios, Prevención de Ruinas de Construcións, Salvamentos e outros Análogos

Poderase esixir esta taxa pola prestación dos seguintes servizos:

a. Extinción de incendios de toda clase, realizada polo servizo Municipal con persoal e material do mesmo.

b. Prevención de incendios, ruínas e outros riscos graves e inminentes para persoas e bens.

c. Auxilios, salvamentos e recuperacións de persoas e bens con ocasión dos servizos sinalados nos apartados anteriores ou doutras situacións de perigo como afundimentos, asolagamentos, explosións, derrubos e cando o soliciten os interesados.

A quen está dirixido

Estarán obrigadas ao pagamento deste tributo, respondendo solidariamente, as persoas físicas ou xurídicas, nacionais ou estranxeiras, que estén nalgún dos supostos seguintes:

a. Os solicitantes do servizo que resulten especialmente beneficiados polo mesmo, sexan alugueiros, posuidores ou ocupantes dos lugares ou bens nos que se produza o risco motivador.

b. Os donos ou propietarios dos bens nos que se produza o risco ou sinistro motivador, cando os informes técnicos amosen que non estaban dotadas das debidas condicións de seguridade para prever e atenuar o sinistro, agás se este fose causado por culpa ou neglixencia dun usuario.

c. As persoas causantes do risco ou sinistro que pola súa actuación ou neglixencia obriguen á prestación do servizo.

Serán substitutos do contribuínte nesta taxa, as entidades ou sociedades aseguradoras do risco.

Como facelo

Presencialmente

O pago desta taxa realizarase polas persoas anteriormente mencionadas, polo procedemento de autoliquidación na Recadación Municipal ou entidades bancarias cobradoras.

O persoal do servizo de Bombeiros estenderán un parte en impreso normalizado no que fará constar, como mínimo, nome e apelidos e DNI ou CIF da persoa solicitante do servizo, domicilio, teléfono, nome e apelidos e DNI e domicilio do propietario da finca, motivo da actuación, a hora de chegada ao lugar e a hora de abandono do mesmo.O parte debe ser asinado polo solicitante e a persoa que realice o servizo.Este parte será á vez o impreso de autoliquidación da taxa, no que constarán ao dorso as tarifas de aplicación.O impreso será cuadruplicado e deberán entregarse dous exemplares ao solicitante e remitir un á Administración de Tributos para control.

Os contribuíntes deberán ingresar a cota por autoliquidación no prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte da prestación do servizo. Gozarán dunha reducción do 25% se o ingreso se produce no prazo de dez días seguintes á prestación do servizo.Transcorridos os trinta días a que se refire o parágrafo anterior, a Inspección de Tributos levantará acta por infracción grave.

Observacións

Será obrigatoria a prestación dos servizos nos casos de risco grave e inminente conforme ao disposto na normativa urbanística, de policía e protección civil e cando ordenen as autoridades competentes por razóns de seguridade pública.

Tarifas

O prezo ven determinado polo tempo empregado na intervención ou servizo xunto co persoal e material utilizado no mesmo. A efectos do cómputo do tempo do servizo terase en conta dende a hora de saída dos efectivos do Parque ata a hora de chegada ao mesmo. A cota resultante da aplicación desta tarifa inclúe tódolos gastos ordinarios precisos para a intervención, os extraordinarios poderán dar lugar a unha valoración adicional.

Os servizos prestados dentro do termo municipal serán gratuítos , agás nas intervencións dos bombeiros onde haxa substancias tóxicas, inflamables ou explosivas en cantidades ou condicións non permitidas polas disposición aplicables.

Nos servizos realizados fóra do Concello serán responsables solidariamente das taxas devengadas o Concello respectivo e o propietario do lugar sinistrado.

Pode consultar as tarifas no artigo 7 da Ordenanza nº 13 reguladora das taxas pola prestación deste tipo de servizos.

Oficinas

  • Extinción de Incendios e Salvamento Urxencias: 080 ; 986433333

    Parque Balaídos:
    Centralita 986233102
    Xefatura 986233041

    Parque Teis:
    Centralita 986373713 ; 986373773
    Email ofi.bombeiros@vigo.org

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información