
Deberá facer o pagamento desta taxa pola prestación da Administración Municipal dos seguintes servizos:
a. Retirada, transporte e custodia de instalacións, elementos e xéneros relativos ao exercicio de calquera actividade ou comercio na vía pública, ou en dominio público municipal, sen licencia en concordancia co disposto no artigo 27 da “Ordenanza reguladora da venda na vía pública e espacios abertos”.
b. Retirada, transporte e custodia de elementos ou obxectos colocados na vía pública sen a correspondente autorización municipal.
c. Servizos similares aos anteriores ordenados por resolución do Alcalde, Comisión de Goberno ou Pleno por causa de forza maior, orde pública, ruína, seguridade de persoas e bens e outros.
Aos vendedores e/ou responsables por calquera título dos elementos, instalacións e xéneros obxecto da retirada e custodia. En materia de responsabilidades aplicaranse os artigos 12 a 16 da Ordenanza Fiscal Xeral.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 286
Horario: De 7:30 a 13:30 horas.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
Teléfono: 986 810 269
36202 Vigo
Horario: De 9 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).