Bonificación do 75% do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

Liberación da obriga de pago do 75% da cota do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

A quen está dirixido

Ós vehículos das clases turismos, camións, furgóns, furgonetas, vehículos mixtos adaptables, autobuses e autocares, sempre que cumpran as condicións e requisitos seguintes:

- Que se trate de vehículos híbridos (motor eléctrico-gasolina, eléctrico-diésel ou eléctrico-gas) que estean homologados de fábrica, incorporando dispositivos catalizadores, adecuados á súa clase e modelo, que minimicen as emisións contaminantes. Estes vehículos gozarán da bonificación durante o exercicio no que se produce a matriculación e no seguinte.

- Que se trate de vehículos novos sen matricular, clasificados como turismos de motor de gasolina ou diésel, cuxa marca e modelo se inclúan entre os vehículos máis eficientes con cualificación de Eficiencia Enerxética A) nos termos do Real Decreto 837/2002, de 2 de agosto, aplicando a bonificación durante o exercicio no que se produce a matriculación e no seguinte. Aplicarase esta bonificación a vehículos novos que, aínda non estando cualificados de eficiencia enerxética A), as súas emisións de CO2 non sexan superiores a 120 g/km.

- Que se trate de vehículos que utilicen como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol ou hidróxeno, gozarán da bonificación na cota durante o exercicio no que se produce a matriculación e no seguinte. Aplicarase esta bonificación a vehículos adscritos a licenzas de autotaxi que utilicen combustible GLP (gases licuados do petroleo).

- Que se trate de vehículos de motor eléctrico e/ou de emisións nulas, gozando da bonificación con carácter indefinido, en tanto manteñan as circunstancias de motor e emisións sinaladas.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Cubrir a solicitude e entregala, xunto coa documentación requirida, na oficina do "Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica".

Documentación requirida

Observacións

- Para que a bonificación xurda efecto no mesmo período impositivo no que se produce a matriculación, a solicitude deberá presentarse no momento de efectuar a primeira autoliquidación.

- No caso de que a solicitude se presente con posterioridade, a bonificación xurdirá efecto para o período impositivo seguinte á data de presentación de dita solicitude, non alcanzando ás cotas devengadas con anterioridade a esta.

Oficinas

  • Ventanilla Vehículos Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baja 36202 Vigo Oficina: 986 810 115 / 986 810 100 Extensión 1140.Email: ofi.vehiculos@vigo.org

    Horario: Luns a Venres, de 8:00 a 15:00

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información