Ocupación de terreos de uso público local con caixeiros automáticos encostados a edificios en que a súa situación implique un aproveitamento especial da vía pública.
Ás entidades bancarias con caixeiros que ocupen a vía pública.
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
As cotas anuais deberán ser ingresadas polo procedemento de autoliquidación ata o 31 de marzo de cada ano.
Instrucións para encher o impreso:
- Consígnese os datos de situación segundo constan no rueiro municipal, facendo constar co máximo detalle posible: Praza ou rúa, Nº, etc.
- Consultará no Anexo da Ordenanza Fiscal Xeral (Categorias Fiscais das Rúas), na Administración de Tributos ou nesta mesma páxina a categoría fiscal que lle corresponde.
- Autoliquidación: Segundo a Ordenanza Nº 30 Reguladora das Taxas por Aproveitamento da Vía Pública ou Utilización Privativa do Dominio Público Local (Epígrafe I, apartado I.5 das tarifas sinaladas no artigo 4).
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
36202 - Vigo
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo Teléfono: 986 810 191
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).