Escudo Concello de Vigo

Expedición de Licenza para Traslado de Cadáveres e Restos

Licenza necesaria para o traslado de cadáveres ou restos cadavéricos dun cemiterio municipal a outro cemiterio.

A quen está dirixido

Calquera persoa interesada.

Como facelo

Presencialmente

Persoalmente na oficina de cemiterios, presentando a documentación requirida e pagando a taxa correspondente á licenza de exhumación do punto D.2 do artigo 5 da ordenanza nº 14 reguladora dos dereitos ou taxas pola prestación de servizos dos cemiterios municipais.

Documentación requirida

  • Licenza de traslado de restos
    Esta licenza solicitarase na Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
    Para solicitala é necesario presentar o Certificado de Defunción Literal, este certificado é unha copia literal da inscrición de defunción, contendo todos os datos relativos á identidade do falecido e ao feito do falecemento. Expídeo o Rexistro Civil do lugar onde faleceu.

Observacións

- As exhumacións e traslados verificados antes dos cinco anos satisfarán dobres dereitos.

- As licenzas para inhumacións, exhumacións e traslado de cadáveres, expedición de títulos, autorizacións para transmisións de titularidade, concesións e renovacións, serán expedidas polo Negociado de Cemiterios, por rigorosa orde de presentación de solicitudes.

Oficinas

  • Oficina de Cemiterios

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por rúa granada)
    Teléfono: 986 810 112
    Fax: 986 437 085
    Email: ofi.cemiterios@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

  • Delegación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en Pontevedra

    Avd. Vigo, 16
    36003 Pontevedra
    Tel.: 986 805 860
    Fax: 986 805 802

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información