Inscrición no Rexistro Mercantil

A Sociedade adquire plena capacidade xurídica, cando se inscribe no Rexistro Mercantil.

A quen está dirixido

O representante legal da empresa.

Como facelo

Presencialmente

Para constituír unha sociedade mercantil, o primeiro trámite a realizar é a solicitude do certificado negativo de denominación social (ver trámite relacionado). Este certificado serve para acreditar que o nome elixido para a sociedade non coincide co doutra existente. Este trámite debe realizarse obrigatoriamente no Rexistro Mercantil Central, non pode facerse nos provinciais.

Unha vez realizado este trámite e os posteriores (elaboración de estatutos, escritura de constitución ante notario, pago do Imposto de Transmisións, etc.), a Sociedade inscribirase, presentando a documentación requirida, no Rexistro Mercantil Provincial que corresponda co domicilio social da Sociedade.

Documentación requirida

    • Escritura de constitución da sociedade
    • Liquidación do imposto de transmisións patrimoniais
      Impreso modelo 600 cumprimentado.

Observacións

Os empresarios individuais ou autónomos (salvo o naviero) non teñen obrigación de inscribirse no Rexistro Mercantil, aínda que poden facelo de forma voluntaria.

Máis información

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información