Escudo Concello de Vigo

Autorización Municipal para Realizar Disparos ou Queimas de Material Pirotécnico en Contía Menor de 50 kg.

Non se considera preceptiva a autorización municipal para o disparo ou queima de material pirotécnico das clases I e II, establecidas pola Instrución Técnica Complementaria nº 19 do Regulamento de Explosivos, na súa redacción dada pola Orde PRE/174/2007, de 21 de xaneiro.

Non obstante o establecido no párrafo anterior, cando a contía de material pirotécnico a disparar ou queimar supere os 50 kg., só poderá realizarse coa autorización da Subdelegación do Goberno da Provincia de Pontevedra, independentemente da clasificación dos artificios.

Prohibicións xerais: (Artigo 2 do Bando Municipal de Material Pirotécnico)

1. Prohíbese o disparo ou queima de material pirotécnico a menos de 300 metros de calquera depósito ou almacén que conteña ou almacene sustancias ou materiais susceptíbeis de arder ou defragrar, mesmo se non é preceptiva a autorización municipal.

2. Con carácter xeral, prohíbese o disparo de fogos de artificio ou queima de materiais pirotécnicos de ningunha clase en terreos forestais e nas zonas de influencia forestal, entendidas estas coma as áreas estremeiras que abranguen unha franxa circundante dos terreos forestais cunha largura de 400 metros.

3. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, e como única excepción, en festas locais ou de arraigada tradición cultural poderase obter autorización para realizar o disparo ou queima de material pirotécnico en zonas de influencia forestal, sempre salvagardando o límite do 2.1, agás cando no Índice de Risco Diario de Incendio Forestal publicado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, o Distrito XVIII (ao que pertence Vigo) apareza co nivel 5.

A quen está dirixido

Os interesados en realizar disparos ou queimas de material pirotécnico en contía menor de 50 kg. no termo municipal de Vigo, en especial as comisións de festas e empresas pirotécnicas.

Como facelo

Presencialmente

As solicitudes, debidamente cumprimentadas, e a documentación necesaria, deberán presentarse como mínimo con 15 días naturais de antelación ao evento , necesarios para realizar os trámites e comunicacións legalmente esixidos; a presentación de solicitudes fóra do prazo sinalado suporá a imposibilidade de outorgamento da autorización.

Deberá acompañarse sempre á solicitude o número de teléfono e fax do responsable, promotor ou organizador da tirada, por se fose necesario realizar comunicacións urxentes.

Datos imprescindibles das solicitudes de autorización:

a) Quilogramos de explosivos ou mistura explosiva de cada conxunto de artificios que constitúan un efecto recreativo homoxéneo e das unidades que forman cada conxunto.

b) Altura aproximada que acada o material pirotécnico de proxección vertical no punto máximo de elevación.

c) Data, número de clasificación, catalogación e fabricante de cada un dos artificios a disparar.

d) Secuencia de comezo de disparo entre seccións e orde a seguir nos disparos de cada sección, especificando a hora exacta de comezo e finalización de cada tirada.

e) Tipo, forma e características da protección disposta para evitar toda clase de lesións ou danos ás persoas e aos bens, especialmente a protección das masas forestais, con expresa mención das condicións da área de seguridade, ao abeiro do disposto na Orde do Ministerio de Relacións coas Cortes e da Secretaría do Goberno, de 20 de outubro de 1988, pola que se regula a manipulación e uso de produtos pirotécnicos na realización de espectáculos públicos de fogos artificiais (B.O.E. nº 260, de 29/10/1988), na súa redacción dada pola Orde Ministerial de 2 de marzo de 1989 (B.O.E. nº 53, de 3/3/1989).

f) Lugar onde se van a realizar os disparos, coas características do seu entorno perimetral nun mínimo de 300 metros, a contar dende o lugar do disparo. Cumprimentarase este requisito coa presentación de plano actual de escala 1:1000 ou 1:2000 da Cartografía Oficial do Concello, no que se sinalará o lugar de disparo. Este plano pódese conseguir na Xerencia Municipal de Urbanismo, con oficina en Praza do Rei.

g) Nome e apelidos ou razón social e domicilio das persoas ou entidades de pirotecnia que van realizar o disparo, aportando os TC1 e TC2 a fin de demostrar a afiliación á Seguridade Social e o abono da prima de seguro que a autoridade laboral dispoña por razón do risco específico.

h) Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil que cubra os posibles danos causados en contía mínima de 300.000 euros, e da factura ou resgardo bancario de pagamento da prima do ano en curso.

i) No caso de festas de locais de arraigada costume ou interés cultural que queiran beneficiarse do establecido no artigo 2.3 do Bando Municipal de Material Pirotécnico, deberán acreditar tal condición.

Documentación requirida

  • TC1 e TC2
    A fin de demostrar a afiliación á Seguridade Social e o abono da prima de seguro que a autoridade laboral dispoña por razón do risco específico.
  • Plano de situación de escala 1:1000 ou 1:2000 da cartografía oficial
    Deberá sinalar no plano o lugar de disparo. Este plano pódese conseguir na Xerencia Municipal de Urbanismo (con oficina en Praza do Rei) ou na Oficina Virtual do Catastro.
  • Póliza de responsabilidade civil
    Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil que cubra os posibles danos causados en contía mínima de 300.000 euros, e da factura ou resgardo bancario de pagamento da prima do ano en curso.
  • No caso de festas de locais de arraigada costume ou interés cultural que queiran beneficiarse do establecido no artigo 2.3 do Bando Municipal de Material Pirotécnico
    • Acreditación de tal condición

Observacións

Consecuencias dos defectos nas solicitudes:

1. A inexistencia ou deficiencia dos requisitos materiais, suporá o requirimento por parte da Área para a súa cumprimentación no prazo de dez días. Transcorrido dito prazo, entenderase o desistimento da solicitude e procederase ao arquivo do expediente.

2. As solicitudes de autorización presentadas de xeito extemporáneo, ou que non cumpran cos requirimentos de cumprimentación, e as solicitudes de disparo ou queima en lugares prohibidos, non recibirán en ningún caso autorización, e darase parte á Policía Local para verificar que non se proceda á queima non autorizada de material pirotécnico.

Exención de responsabilidade:

1. A autorización outorgada non eximirá ao promotor ou organizador da queima ou disparo de material pirotécnico das responsabilidades en que incorrese polas lesións, danos e perdas a que houber lugar no caso de que concorra culpa ou neglixencia.

2. O Concello de Vigo resérvase o dereito a repetir contra o promotor ou organizador os custos que eventualmente se lle xeneren por causa ou como consecuencia da queima ou disparo de material pirotécnico.

Revisión do contido do Bando:

O Bando Municipal de Material Pirotécnico deberá ser revisado anualmente, aos efectos de cumprir coa normativa que ulteriormente se adopte en desenrolo da Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia.

A todos os efectos, a aprobación de normativa de desenvolvemento da Lei 3/2007 que sexa incompatíbel co presente Bando será de aplicación preferente sobre o mesmo.

Oficinas

  • Seguridade e Mobilidade

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 1
    Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información