Mediante este trámite vostede solicita darse de baixa do sistema especial de pago do IBI.
Deberá ser solicitada polo suxeito pasivo que, estando acollido ao sistema de pago de 2 prazos do IBI, desexa aboar a totalidade do recibo no período normal de cobranza (aproximadamente do 1 de setembro ao 1 de novembro).
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Cubrindo a solicitude e presentándoa no Rexistro Xeral do Concello.
A solicitude deberá facerse con anterioridade ao 31 de marzo do exercicio no que deba ter efecto. Noutro caso a solicitude terá efectos a partir do exercicio seguinte.
Horario: Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).