Escudo Concello de Vigo

Bonificación do 3% Mediante Alta no Sistema Especial de Pago do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)

Co obxecto de facilitar aos contribuíntes o cumprimento das súas obrigacións tributarias, así como incentivar a domiciliación bancaria como medio de pago máis idóneo, os suxeitos pasivos do Imposto sobre Bens Inmobles que o desexen xa poden solicitar a aplicación do sistema especial de pago para facer efectivas as cotas polo citado Imposto que, ademais do fraccionamiento da débeda en dous prazos, sen recarga ou interese algún, permitirá o goce dunha bonificación do 3% na cota do citado Imposto.

O primeiro prazo, que será equivalente ao 50 por cento da cota líquida do recibo do Imposto sobre Bens Inmobles correspondente ao exercicio en curso, farase efectivo o 31 de maio do ano en curso mediante a oportuna domiciliación bancaria.

O importe do segundo prazo pasarase ao cobro á conta corrente indicada polo interesado o último día do período de pago do imposto, e estará constituído pola diferenza entre a contía do recibo correspondente ao exercicio e a cantidade abonada no primeiro prazo, deducindo, á súa vez, o importe da bonificación regulada no presente artigo.

A quen está dirixido

Para ser beneficiario deste sistema especial de pago deberá cumprir as seguintes condicións.

1. Ser persoa física.

2. Que se formule a oportuna solicitude no impreso que, ao efecto se estableza.

3. Que exista coincidencia entre o titular do recibo/liquidación do exercicio no que se realice a solicitude e nos exercicios seguintes.

4. Que o recibo estea domiciliado ou se domicilie nunha entidade bancaria ou Caixa de Aforros.

Como facelo

Por Internet

Pode facer a solicitude de forma sinxela, a través da carpeta cidadá, premendo no botón tramitar por internet.




Presencialmente

Cubra o impreso de solicitude e presénteo no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Prazos

A solicitude deberá facerse con anterioridade ao 1 de marzo do exercicio no que deba ter efecto. Noutro caso a solicitude terá efectos a partir do exercicio seguinte.

Documentación requirida

Oficinas

  • Tesorería - Recaudación (Sistema de pagos)

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa, 36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 275

    Horario: Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información