Autorización para ocupar terreos de uso público local con valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas.
As persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local para o caso mencionado.
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
- Os solicitantes estarán obrigados a formular a baixa do aproveitamento. De non terse formulado esta baixa, a Administración Tributaria do Concello poderá requirir o pagamento das taxas devengadas xunto cos recargos e sancións tributarias procedentes. Igualmente, a Alcaldía poderá impoñer a correspondente sanción por infracción de norma regulamentaria.
- No caso de que o feito solicitado vaia estar máis tempo do especificado na solicitude previa, deberá facer unha nova autoliquidación pagando a taxa que corresponda polo novo tempo solicitado. Neste caso deberá indicar na solicitude o número da autorización da primeira solicitude.
- En función das actividades que se prevexan no interior da zona valada, e a criterio do Servizo de Vías e Obras, poderase esixir como medida de protección da dita beirarrúa a disposición de lousa de formigón de 12 cm de espesor con mallazo de 20 x 20 cm ( ferro de 6 mm de diámetro) e recubrimento de 3 cm sobre lámina xeotextil impermeable. Dita lousa abarcará a totalidade da anchura da beirarrúa dende a fachada ata o bordo e na lonxitude na que se coloque o valado de obra. Os extremos desta lousa na súa transición coa beirarrúa realizarase cunha pendente non superior ao 4%.
- No caso de ocupación con ANDAMIO en pavimentos pétreos deberán protexer a beirarrúa con tacos de madeira debaixo das patas do andamio.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).