Escudo Concello de Vigo

Solicitude / Autoliquidación da Autorización para Colocación de calquera Medio Mecánico ou Aparellos Elevadores Sen Matrícula para a Construción na Vía Pública

Mediante este trámite solicítase autorización para colocación de calquera medio mecánico ou aparellos elevadores sen matrícula para a construción, na vía pública.

A quen está dirixido

Son suxeitos pasivos das taxas reguladas nesta ordenanza, en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Xeneral Tributaria que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local.

Como facelo

Por Internet

Primeiro é conveniente porse en contacto co Departamento de Seguridade, Circulación e Transportes antes de realizar o pago da taxa, para saber se é factible a colocación do medio mecánico ou aparello elevador.

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Primeiro é conveniente porse en contacto co Departamento de Seguridade e Mobilidade antes de realizar o pago da taxa, para saber se é factible a colocación do medio mecánico ou aparello elevador.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Primeiro é conveniente porse en contacto co Departamento de Seguridade, Circulación e Transportes antes de realizar o pago da taxa, para saber se é factible a colocación do medio mecánico ou aparello elevador.

Prazos

A licenza concederase 5 días despois de presentar a solicitude e documentación requirida. O día de presentación da solicitude non conta aos efectos de cómputo de prazo.

Documentación requirida

  • Solicitude/Autoliquidación para Colocación de Medios Mecánicos ou Aparatos Elevadores Sen Matrícula na Vía Pública
  • Póliza de seguro de responsabilidade civil
    Que cubra os posibles danos por uso do citado aparello, e cunha cobertura mínima de 600.000 euros, así como do pago do último recibo da mesma.
  • Dirección facultativa xustificada mediante folla de dirección visada polo correspondente Colexio Profesional
    Folla de dirección que garanta, unha vez instalado o aparello, a súa correcta montaxe, funcionamento e seguridade do mesmo, así como a súa zona de influencia.
  • Proxecto asinado por facultativo competente visado polo Colexio Profesional respectivo
    Aceptarase proxecto subscrito por enxeñeiro ou enxeñeiro técnico, arquitecto ou arquitecto técnico, xustificativo de que o aparello está en perfecto estado e reúne as condicións precisas para a súa montaxe e utilización.
  • Fotocopia da licenza de obra
    A súa presentación, pese a non ser obrigatoria, facilitará a tramitación do expediente.
  • Documentación da maquinaria proporcionada pola empresa
  • Certificado de aptitude para o manexo da maquinaria
  • Documentación do vehículo
    Que transporte o elevador.

Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Seguridade e Mobilidade

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 1
    Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

  • Oficina Policía Local

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 286

    Horario: De 7:30 a 13:30 horas.

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información