Este trámite permite realizar o pago da cota anual relativa a ciclomotores e motocicletas de ata 125 cc correspondente ao Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM).
Esta autoliquidación, preferentemente, realizarase entre os meses de xaneiro e abril de cada ano. Poderá realizarse tamén fóra dese prazo.
Calquera persoa.
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar o documento de pago nas entidades bancarias colaboradoras.
Este documento será o xustificante de pago do Imposto Municipal sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
Non ten que presentar nin este impreso nin ningunha outra documentación no Concello.
- O período impositivo coincide co ano natural agás no caso de primeira adquisición do vehículo en que comezará o primeiro día do trimestre natural en que se produce a alta na Xefatura de Tráfico.
- A cota do imposto é irredutible agás no caso de primeira adquisición, baixa definitiva ou baixa temporal por subtracción ou roubo do vehículo en que se rateará por trimestres naturais.
Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo
Teléfono: 010
Teléfono: 986 810 0100
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).