Mediante este trámite poderá pagar a taxa polo aproveitamento especial ou utilización privativa da vía pública e terreos de dominio público local no seu solo e voo que a continuación se relacionan:
Surtidores de gasolina, aparatos de venda automática, fotografía, básculas, caixas de distribución, de rexistro, bocas de carga de combustibles, arquetas, postes, tendidos, entubados, galerías para condución de enerxía eléctrica, auga, gas, fibra óptica ou calquera outro servizo e outros aproveitamentos especiais ou utilizacións privativas en solo ou voo de dominio público local.
Calquera persoa.
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Teña en conta que o feito de realizar o pagamento non implica obter o permiso. A aprobación / denegación do permiso comunicaráselle posteriormente unha vez estudiada a súa solicitude.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para tener acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario y clave de Carpeta Ciudadana o mediante Certificado electrónico (como el DNI electrónico).