Mediante este trámite vostede pode solicitar a licenza necesaria para ocupar terreos de uso público para realizar unha mudanza.
As persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local para o caso mencionado.
A solicitude deberá presentala cunha antelación mínima de 3 días hábiles.
O solicitante deberá reservar o espazo autorizado na vía pública coa sinalización regulamentaria establecida e con alomenos 2 días de antelación á execución das tarefas de carga – descarga autorizadas. Para iso, requirirá no lugar autorizado á Policia Local.
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, na Oficina da Policía Local.
A solicitude deberá presentala cunha antelación mínima de 3 días hábiles.
- No caso de que a mudanza se efectúe entre dous emprazamentos dentro do termo municipal e, sempre que se realice dentro dunha xornada laboral, realizarase unha única liquidación aplicando a tarifa fiscal do emprazamento de maior categoría fiscal.
- Os servizos técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as licenzas de non atopar diferencias coas peticións e conforme ás normas vixentes no Concello en relación ao tráfico, limpeza, non obstaculizar calzada e beirarrúas, seguridade e outras. Se se desen diferencias coas declaracións, notificaranse aos interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias con aplicación de intereses de demora e a sanción correspondente.
- En caso de denegarse as autorizacións, procederá a devolución dos importes ingresados.
- Non poderá disfrutarse dun aproveitamento da vía pública ata que fose ingresado o importe das taxas e fose outorgada a correspondente licenza.
- Entenderase autorizada a ocupación polo tempo que figure na licenza e no caso de aproveitamentos de duración indeterminada, mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou non se presente baixa polo interesado.
- Os titulares das licenzas deberán depositar antes de retirar a mesma, fianza para responder dos posibles danos que poidan ocasionarse na vía pública, dos posibles gastos de reconstrucción ou reparación de vía pública, na contía que determine os departamentos de Urbanismo, Infraestructura e Obras e, Circulación Viaria, segundo corresponda.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 286
Horario: De 7:30 a 13:30 horas.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).